Centros Educativos Vicencianos
Carácter Propio
A Escola Vicenciana comprométese a un ensino de calidade con estilo propio que faga presente a Boa Nova do Evanxeo. O espírito vicenciano caracterízase polos seguintes trazos:
- Unha preocupación polos débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación, de acordo coa nosa vocación de servicio.
- Un ambiente educativo que supón sinxeleza, acollida, respecto, confianza, alegría, austeridade, realismo, lealdade e xenerosidade.
- Unha concepción da educación que basea os seus esforzos na integración social dos seus alumnos, a sensibilización polos necesitados e a valoración do saber como medio para mellor servir ós demais.
ALGÚNS ASPECTOS BÁSICOS DA NOSA ACCIÓN EDUCATIVA
POTENCIAMOS a motivación e o estímulo como base do crecemento persoal do Alumno, para que chegue ó máximo das súas posibilidades.
ORIENTAMOS ós Alumnos no seu traballo formativo para que descubran as súas aptitudes e limitacións e aprendan a desenvolver as súas capacidades e a tomar decisións con liberdade e responsabilidade.
DAMOS a debida importancia á creatividade e ó desenvolvemento da capacidade intelectual do Alumno, de modo que el mesmo sexa o constructor do seu propio saber.
FAVORECEMOS a educación a través da actividade motriz e da expresión corporal, fomentando a adquisición de destrezas e habilidades.
VALORAMOS a convivencia e potenciamos as relacións de cooperación entre compañeiros e os hábitos de comportamento democrático.
POÑEMOS os avances tecnolóxicos ó servicio da educación, ensinándolles a comprender e valorar con espírito crítico, as distintas formas de expresión.
PROMOVEMOS a formación dos pais para a educación dos seus fillos na familia e a adecuada educación do centro.
FORMAMOS no respecto e defensa da vida humana e do medio ambiente.
PROXECTAMOS a educación máis aló da aula e do horario lectivo, a través de múltiples actividades formativas.
Curso 2010 - 2011

NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO
Ø Acudir con PUNTUALIDADE ao colexio.
Ø Coidar o ASEO e IMAXE PERSOAL e a observancia das normas do centro sobre esta materia
Ø Corrección no trato social, en especial mediante o emprego dunha LINGUAXE CORRECTA E EDUCADA
Ø Acudir ao centro co UNIFORME ESCOLAR COMPLETO durante todo o curso.
Ø SER RESPONSABLE no propio traballo, traendo todo o material necesario, así como o traballo realizado
Ø Manter limpa a clase e o patio
Ø COIDAR as instalacións, mobiliario e material do Centro, conforme ao seu destino e normas de funcionamento.
Ø RESPECTAR ás persoas da Comunidade Educativa dentro e fóra do Centro.
Ø Manter unha conduta apropiada durante o desenvolvemento das clases.
Ø Non usar o móbil, mp3, consolas, etc... en todo o recinto escolar. Os obxectos retirados entregaránse á Xefa de estudos.
Os pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos/as, forman parte importante da Comunidade Educativa. O feito da inscrición do seu fillo/a como alumno/a do Centro leva implícito o coñecemento e a libre aceptación de Documento do Carácter Propio (Ideario).
A participación das familias no Centro concíbese, non só en canto a unha xestión democrática na que toman parte, senón nun sentido moito máis amplo: co seu obxectivo máis importante centrado no neno/a, aportando ideas, unindo esforzos e traballando por uns obxectivos compartidos.
CONTAMOS COAS FAMILIAS PARA...
v Respectar o carácter propio do centro.
v Colaborar co Centro nas actividades que se organicen.
v Asistir ás entrevistas e reunións ás que sexan convocados para tratar asuntos relacionados coa educación dos seus fillos/as.
v Informar aos educadores daqueles aspectos da personalidade e circunstancias persoais ou ambientais dos seus fillos/as que sexan relevantes para a súa formación e integración no contorno escolar.
v Evitar toda crítica destrutiva, respectando o exercicio das competencias técnico-profesionais do persoal do Centro, acudindo sempre ao diálogo cos Titores e Profesores en caso de dúbida ou queixa dos seus fillos/as.
v Asegurar que os seus fillos/as acudan ao Centro con todo o material escolar e co uniforme completo.
v Xustificar por escrito as faltas de asistencia ou puntualidade dos seus fillos/as, utilizando para iso o apartado destinado para ese efecto na axenda escolar.
v Recoller persoalmente aos seus fillos/as cando deban abandonar o Centro durante a xornada lectiva.
v Axudar aos nenos/as a ser autosuficientes.
v Afacerlos a adquiriren compromisos, en función da súa idade e esixirlles o seu cumprimento.